Carrito

Mural Pioneiras

Eva Casais

Mural Feminista en Vigo

Mural feminista en Vigo

Xa está rematado o mural Pioneiras que representa a sete mulleres pioneiras da nosa comarca:

💜 Corona González Santos, filantropa, fotógrafa e periodista.
💜 Urania Mella, política galega e precursora do asociacionismo femenino
💜 Rosarío Hernández “La Calesa”, vendedora de xornais. Torturada e asasinada polo franquismo
💜 Placeres Castellanos, mestra, enfermeira, xornalista e guerrilleira.
💜 Olimpia Valencia, primeira médica galega
💜 Carmen González “A Picona”, curandeira defensora do dereito ao aborto
💜 Saladina, muller trans obrigada a vivir nas marxes. 

Un mural que tiven a honra de crear, dirixir e pintar xunto con un equipo de mulleres loitadoras e admirables. Grazas infinitas a Rosa da asociación Mulleres e palabras por todo o apoio e por a confianza no meu traballo. 

Mónica grazas a ti tamén por todo o traballo de coordinación. Vémonos axiña.

×